15 de enero de 2010

Máis aló da ponte.

- ¿Cánto é capaz de pagar por unha resposta?
- Non sei…só dime una cifra.
- ¿E se non é unha cifra monetaria? –dixo sen erguela testa do chan.
- Se non é asi pide podo mercareiche calquera cousa…
- Tranquilicese… ¿ Cómo esta tan seguro de que lla podo dar?
- Porque non tes nada que perder e eu podo darcho todo.
- ¿Pode recordarme a pregunta?- deixou a guitarra o seu carón e observouno.
- Si, porqué tanta ledicia se só tes unha ponte por teito?
- Ah, ¡ certo! este teito e os seus arredores poden darme o que necesito e co que vostede ansia ter.
- Só quero saber… ¿ o segredo?- encolleuse para empurralo contra a parede.
- O segredo e mirar máis aló do seu botón superior da camisa e velas cousas máis aló do seu valor.
- Ben,¿ iso é todo? Pois dinche a miña palabra… ¿ Cal é a tua cifra?
- A súa infelicidade.

3 comentarios:

  1. Aprendemos a vivir nesa infelicidade, soportando todos os pontes sobre as costelas, a cambio de ter uns botóns de cores. Bicos

    ResponderEliminar
  2. Jorge Bucay dicía que a felicidade é a certeza de non sentirse perdido. Mais gran parte da humanidade camiña por vieiros de avariza e poder, mentres outros quedan nas cunetas a esperar que caian migallas de pan do ceo. O espectáculo (medios de desinformación masiva) é o sol que nunca se pon no imperio da pasividade humana dicía Guy Debord, e mentres uns morren de indixestión no norte, no sur as nais cociñan pedras para durmir aos meniños famentos que morreran pola hipocrisía xenocida da política internacional.

    Encantado de atopar neste blogue a erótica das túas palabras, a través dunha ollada sincera e comprometida coa realidade.

    ResponderEliminar
  3. Dicho materialidade... sempre pensando nos cartos, cando moitas veces só fai falla un camiño a seguir.

    Aínda que seña cruzando pontes, por riba ou por baixo :)

    Bico!

    ResponderEliminar