15 de enero de 2010

Máis aló da ponte.

- ¿Cánto é capaz de pagar por unha resposta?
- Non sei…só dime una cifra.
- ¿E se non é unha cifra monetaria? –dixo sen erguela testa do chan.
- Se non é asi pide podo mercareiche calquera cousa…
- Tranquilicese… ¿ Cómo esta tan seguro de que lla podo dar?
- Porque non tes nada que perder e eu podo darcho todo.
- ¿Pode recordarme a pregunta?- deixou a guitarra o seu carón e observouno.
- Si, porqué tanta ledicia se só tes unha ponte por teito?
- Ah, ¡ certo! este teito e os seus arredores poden darme o que necesito e co que vostede ansia ter.
- Só quero saber… ¿ o segredo?- encolleuse para empurralo contra a parede.
- O segredo e mirar máis aló do seu botón superior da camisa e velas cousas máis aló do seu valor.
- Ben,¿ iso é todo? Pois dinche a miña palabra… ¿ Cal é a tua cifra?
- A súa infelicidade.