25 de noviembre de 2009

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Ela mirou o chan, comezou a susurrar…

Primeiro namoramonos
Fomos felices
Diciasme que era o principal na túa vida
Amabasme
Casamos
Dabame igual ter 19 anos eu queriate
¿Acordaste da lua de mel en Grecia?
Que gracioso cando me dicias que non mirase os gregos, que xa che tiña a ti
¿ E cándo comezamos a vivir xuntos? Que felicidade!
Ese ano era como un soño
Cando atopei o meu primeiro traballo
Cando deixei de estar cas miñas amigas porque ti decias que realmente non me querian só estaban comigo por pena de casar tan nova, sair de copas casada e deixarte só na casa.
Cando deixamos de ir a ver a miña familia e metiaste comigo menospreciando todo o que eu facía, e meus pais rian, como ti dis rian iso eque pensan que non vales para nada, só ti me apreciabas, tiñas razón para que ia traballar se xa chegaba co teu traballo! E eu non valgo para nada...
Os ultimos meses de traballo esperábasme uns minutos antes da miña saida, porque é perigoso ir sóa sen a túa protección.
Cando me dicias que con esa roupa parecia unha puta.
Cando non che gustaba o xantar e tirabalo o chan esperando a que fixera outro de novo.
Cando abriche a primeira carta de meu primo de Francia e me tirache contra a mesa, propinachesme a primeira paliza, pensando que era o meu amante ¿ pero cariño se estou todo o dia con tigo? Dixen eu intentando abrilos meus ollos…
¿Para qué as ir o médico cariño? Perdoa, non sei que me pasou sera a ultima vez.
Recordo tremedome as mans que isto durou uns anos
Que nunca foi a ultima paliza nin as ultimas verbas despectivas…
Todas co seu respectivo perdón
Eu estaba soa…anulada…
Chamoume miñá irmá como unha de tantas veces, tremiame a voz pero…conteille
Buscamos axuda mentras ti traballabas e con presa de que non me viras fóra da nosa cárcere.
Pasou tempo… noi foi fácil espertar deste pesadelo…
Vin que non estaba soa
Vin que non eramos felices
Que iso non era amor era unha tortura
Que tiña 37 anos
Que as túas luas de mel de un día de perdón non eran certas.
Denunciei este crime que levaba soportando tantos anos
Tes unha orde de alonxamento pero non me parece demasiado longa a distancia, eu queriate fóra a veces penso, que na outra punta do mundo, nunha cárcere ficticia na que viviras o que ti me fixeche vivir…
Que recuperei algúns lazos familiares, pouco a pouco amizades…
Que son muller teño os meus dereitos, as miñas libertades, ti quitachesmos eu recuperoos!, desgraciadamente moitas mulleres non poden decir isto, eu falo agora por elas:



Ela ergueu a cabeza, e berrou.

LIBERDAADE!

3 comentarios:

  1. parece mentira que estas cousas pasen. e tan de cotio. de mín, e tantos outros, todo o amor pras mulleres nun día como hoxe, e no de mañan e no próximo.
    VIOLENCIA 0.

    ResponderEliminar
  2. temos que erradicar a violencia. non ten cabida entre nós. non pode tela

    ResponderEliminar
  3. Liberdade, sempre.

    Non só o 25 de novembro.

    Bico!

    ResponderEliminar