4 de noviembre de 2010


Xeración perdida.

Terrible e sensacionalista termo para referirse a nos, o mesmo tempo realista, non é un simple dato das variables idade, formación ou expectativas laborais, tamén é unha chamada de atención e de socorro.

Emigración.

Cabilamos nela como a principal solucción, pero escoitaremos sempre frases de - só me quedaría aqui se me sae algo do meu- exprimindo as últimas gotas de esperanza que podemos chegar a ter. Ou frases como - para currar de outra cousa mellor fóra que así tamén coñezo novo idioma nova cidade-. Xa o dicia Siniestro " trabajar de camarero lejos lejos de mi hogar... miña terra galega..."

Conformismo.

Vendo a revolta francesa contemporánea, damonos conta de que aqui estamos relaxados ante unha situación peor, tamén que se nos, esiximos dereitos e deberes laborais a outro vaille dar igual e ocupará ese posto de traballo. Escoitei a unha boa amiga dicir: aqui o principal sistema de traballo é o hipotecado/os.


Aqui deixo o meu día reivindicativo, gustariame saber a vosa visuón do mesmo. Un saudo.

2 comentarios:

  1. voltamos a tempos (que crimos) pretéritos: hai que coller o petate, ou pudrirse esperando á nada.



    Asco de tempos...

    ResponderEliminar
  2. fai un ano, cagábame nas maletiñas semanais... agora vexo que de seguir así, igual teño que acabar collendo as maletas máis grandes e para máis lonxe! (e, efectivamente, de non poder traballar no meu, noutro país igual non me importa tanto)

    ResponderEliminar