15 de diciembre de 2009

Nostalxias.


Os pensamentos están empapados da mesma choiva que estos interminables invernos.

A vosa ausencia crea no meu interior unha habitación escura, na que so se escoitan as nosas conversas.

Nunca tornarei a ser unha persoa fría porque eu vivo dos sentimetos que podo acariciar en cada intre da miña vida.

Tardes sen sol que as alume, fiestras empapadas de choivas que van e veñen…lágrimas que escorren polas miñas meixelas, co simple recordo daqueles momentos que vivimos.

Vai un ano que nos despedimos para sempre, pero o meu interior segue chorando, vai un ano que nos meus recordos cada vez estades maís vivos, tamén vai un ano en que me decatei no regalo que me deixastes…o vosa lembranza.

2 comentarios:

  1. Basta que alguén me pense para que sexa só un recordo...

    A partires de certa idade, nada é perfecto, sempre falta alguén.

    Bico!

    ResponderEliminar
  2. Lembranza de recordos. Gústame moito esta entrada e xa lín varias veces.Ser un recordo é posiblemente o máis bonito do mundo. Non me fagas caso, ando un pouco sen rumbo. Bicos

    ResponderEliminar